Páginas

21.4.17

Un lector vive mil vidas

Cada 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro, como ben sabemos neste blog. Este ano, entre os recursos que podemos atopar nas redes, unha páxina de Pinterest ofrece diversas actividades dixitais, xogos e outros materiais interesantes. Hai moitas máis páxinas, claro. Pero os libros sen as librerías tampouco significarían moito, e no mundo hai algunhas librerías que son incribles, case como os escenarios dunha boa película.

Como dixo George R. R. Martin, ou autor do libro da serie Xogo de tronos: un lector vive mil vidas antes de morrer, aquel que nunca le vive só unha. Así que non deixemos nunca un bo libro, como recomendan os seguintes vídeos

16.3.17

Máis sobre o Entroido

Natalia López preparou un novo vídeo con fotografías do Entroido. Utiliza os recursos que ofrece a versión de pago que ten Kizoa, como xa comentamos noutro post. Tanto nesta versión como na que é gratis, trátase dunha ferramenta moi útil e sinxela para para elaborar presentacións e vídeos escolares.

7.3.17

O último entroido

Coas fotografías da nosa compañeira e colaboradora Belén Rodríguez, e o uso da aplicación móbil Quik, presentamos un pequeno vídeo con imaxes do entroido de 2017 no noso colexio, o CEIP Isaac Díaz Pardo.

27.1.17

Contra o acoso escolar

Como din en Save The Children, a escola debería ser sempre un espazo no que sentirse seguro. Pero moitos nenos son víctimas da violencia física ou psicolóxica que exercen os seu propios compañeiros. Iso é o acoso escolar ou bullying, que a Consellería de Educación tamén contempla nun dos seus protocolos de actuación, ao igual que outras administracións do estado.

Tendo en conta o que ás veces aparece na prensa e nos outros medios, talvez haxa que facer máis visibles as medidas de prevención.