Páginas

28.10.14

Os artefactos dixitais

No século XXI a clave de moitas situacións de aprendizaxe son os chamados artefactos dixitais, creacións vinculadas a proxectos que requiren o manexo de ferramentas propias das Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Asi pois, parece ben razoable propoñer algunha definición de "artefacto dixital", que pode ser un bo produto final para calquera proxecto de aprendizaxe educativo que se relacione coas TIC. Falamos, por exemplo, de blogs, comics ou animacións, álbums fotográficos, infografías ou liñas do tempo, mapas mentais ou conceptuais, podcasts, xeolocalizacións, presentacións ou videos, entre moitos outros.

Nese sentido, o equipo de Conecta 13 acaba de reunir nun libro a participación de diversos docentes para afondar sobre o tema desta clase de artefactos. O libro chámase: Artefactos digitales: Una escuela digital para la educación de hoy. Aínda que tamén elaborou unha páxina web onde se recolle toda a información necesaria.

Foi durante o mes de xullo do ano 2011, máis ou menos, cando eu mesmo empecei a falar de certos artefactos para imaxinar e inventar historias. Esa palabra navegou libremente polas distintas redes e adaptouse a outros significados e a outras referencias. Por exemplo, e como acabo de mostrar, hoxe en día sabemos dos Artefactos Dixitais, o proxecto citado de Conecta 13; e tamén dos Artefactos Multimedia, que é unha idea desenvolvida polo compañeiro Néstor Alonso en Educa con TIC. Naquel tempo, os meus artefactos bebían con emoción nas fontes dos contos populares. Agora están a desexar a súa renovación...

No hay comentarios: