Páginas

6.11.14

Artefacto Díaz Pardo 01

A partir doutras ideas para elaborar os chamados artefactos dixitais ou multimedia, iniciamos a nosa propia serie de materiais baixo o nome de Artefactos Díaz Pardo. Serán actividades sinxelas, fáciles de realizar e con diversas opcións de uso, para que cada quen adapte o seu contido ás necesidades da súa aula. Así que empezamos co Artefacto Díaz Pardo 01…
En inglés, build your wild self quere dicir que constrúas a túa propia natureza, máis ou menos. Por iso, os nenos poderán crear seres salvaxes e fantásticos a partir da mestura de seres humanos e animais; pero tamén seres humanos reais para que o alumnado se represente a si mesmo. En resumo, co primeiro dos nosos artefactos farán o seguinte:

  • Premer para acceder a esa ferramenta.
  • Seleccionar o seu sexo e escribir un nome real ou imaxinario, dependendo da tarefa.
  • Despois escoller as características máis humanas: pelo, ollos roupa, calzado… Están nos recadros ou botóns azuis.
  • Se é o caso, elixir os trazos máis salvaxes, que están nos recadros verdes, e caracterizar ben ao novo ser.
  • Gardar o traballo no ordenador. E que non o esquezan, que isto é moi importante para que non se perda a imaxe de humano ou de "animal". Pero que teñan en conta que a actividade aínda non rematou.
  • Agora, por exemplo en papel, realizarán a descrición do ser do traballo dixital, aplicando as indicacións do seu mestre ou mestra.
  • Ao final, deberán preparar unha presentación ou un documento dixital (procesador de textos) coa imaxe e a descrición escrita. Ademais, todo o que na aula se solicite: lectura, explicación oral…

No hay comentarios: