Páginas

9.1.15

Artefacto Díaz Pardo 04

Segundo a Wikipedia, unha nube de palabras ou nube de etiquetas é unha representación visual das palabras que conforman un texto, onde o tamaño é maior para as palabras que aparecen con máis frecuencia.

Non só son bonitas e gustan a alumnos e profesores, senón que son doados de usar, adáptanse a moitas materias e en diferentes etapas, axudan a resumir, captar ou plasmar ideas pricipais... Aquí tes oito exemplos:

  1. Converte un ensaio nunha imaxe visual.
  2. Analiza a dicción dun poema facendo unha nube de palabras con este.
  3. Fai unha nube cos puntos clave desas notas longas e pesadas que acumulaches.
  4. Transforma un artigo de Wikipedia nun sumario visual.
  5. Úsao como unha chuvia de ideas e unha presentación moi visual e atractiva.
  6. Utilízao como test: pregunta aos teus alumnos de que libro, personaxe ou acontecemento trata esa nube.
  7. Sírvete delas para facer enquisas de aula: pide ao alumnado que introduzan o seu voto na caixa de texto.
  8. Compara un texto con outro: poemas, conferencias, novelas, teatro...

Para facer e utilizar as nubes de palabras, que forman o Artefacto Díaz Pardo 04, hai moitas ferramentas: Word Clouds for Kids, Wordle, Tagxedo, ToCloud, ImageChef, TagCrowd, Tagul, TagCloud Generator.

Narrativa dixital ou Digital storytellling

(vía Escuela20.com)

No hay comentarios: