Páginas

22.1.15

O poder das historias

O conto, o mito e a lenda constitúen a base das historias populares, e tamén o imaxinario das xentes. O conto popular distínguese da lenda, que trata de feitos considerados verídicos noutro tempo, e que recorda sucesos dun pasado máis ou menos recente. Pero tamén se diferencia do mito, que está protagonizado por personaxes pertencentes a unha época antiga moi anterior, e que trata de ofrecer unha explicación do mundo.

As tres clases de relatos son creacións xenuínas, con funcións e finalidades propias: unha función encamiñada á integración nunha determinada cultura; unha función máxica e espiritual; unha función con aspectos lúdicos e imaxinativos; e unha función educativa, que tamén comprende a aprendizaxe dunha lingua concreta.

En todo caso, os contos son uns superviventes, e por iso carece dunha verdadeira localización no espazo xeográfico. É parte do patrimonio dos pobos, pero non de ningún pobo en particular. Por esa razón, non hai unha versión única de cada conto popular, senón moitas e diferentes. Como tampouco existe unha única lingua para todos os contos.

Así é a forza e o poder das historias, e por iso con este post creamos a etiqueta Storytelling.

No hay comentarios: