Páginas

27.2.15

Artefacto Díaz Pardo 05

Continuamos coa nosa serie de artefactos dixitais ou multimedia, e por iso agora chegamos ao número cinco. Chámase Spell with Flickr, e como xa indica o seu nome baséase nas imaxes dese famoso sitio.

Spell with Flickr é unha ferramenta web que permite deletrear palabras coas imaxes obtidas de Flickr. Esta aplicación xera imaxes de palabras ao azar, buscando nos grupos de fotografías que están en Flickr, e así xorde a palabra que se escribiu. En calquera caso, pódese premer en cada imaxe ata obter a que mellor conveña. Ao final, a cada palabra buscada se lle asigna un código html que logo podes pegar no teu blog ou páxina web. E tamén podes gardar as imaxes das letras, porque a gran maioría son de uso libre.

Hai moitas posibilidades aínda por descubrir. Por exemplo, elaborar unha presentación onde se combinen as imaxes que recolleron con textos axeitados; ou preparar algún poema usando gravacións de texto e/ou audio… Eu, de momento, busquei as palabras do noso colexio, incrustei o seu código e este é o resultado.

letter C letter E Bob and Roberta Smith Alphabet Block I Foam Play Mat Letter P

letter I letter S letter a letter A letter C

image letter I Garland Letter A letter z

letter P Line Word red letter A letter R letter D Garland Letter O

No hay comentarios: